PROXECTOS E CLIENTES
Mercado da Estrela
Empresa promotora do festival lúdico-cultural para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela dende 2012, a edición mais recente sendo no 2023 e celebrando no 2021 o seu 10º aniversario. Iniciativa propia co-organizada co Concello de Santiago de Compostela con patrocinadores e colaboradores como Artesanía de Galicia, Santiago de Compostela Turismo, Estrella Galicia, Gadis, Finsa, etc.
noitiNHas music
Organización da 1ª, 2 ª, 3ª, 4ª, 5ª e 6ª edición do ciclo musical noitiNHas MUSIC en 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018 para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra coa participación de reputados cociñeiros e artistas.
RESIDENCIAS CREATIVAS NO CAMIÑO
Dirección, produción e creación da 1ª edición de Residencias Creativas no Camiño en 2022 para a posta en valor a riqueza do patrimonio material e inmaterial dalgúns dos principais enclaves dos distintos camiños de Santiago e o valor do talento creativo galego actual a través de obradoiros intensivos que permiten descubrir as novas tendencias artísticas que se están a desenvolver en Galicia co Camiño de Santiago como fío condutor e principal fonte de inspiración.
SABOR A ARTESANIA
Iniciativa para a descuberta da Nova Artesanía de Galicia e o apoio á creatividade e á produción local con gastronomía, música e obradoiros. Actividade de promoción propia realizada en 2013 e co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Apoio da Xunta de Galicia, participación do Concello de Santiago de Compostela e colaboración de Gadis na edición de 2020.
Atraccións infantís Nadal 2023
Atraccións infantís para o nadal 2023. Concello de Santiago de Compostela.
Live the roof Doctor explosion
Organización do concerto de Doctor Explosion e a sesión DJ de Isaac Torgal para o ciclo de concertos Live the Roof 2023 no hotel NH de Santiago de Compostela.
CONECTA EMPRESAS STARTUP GALICIA
Coordinación do evento Conecta Empresas de Startup Galicia en 2023. Unha comunidade de persoas emprendedoras que busca ser o elemento catalizador dos cambios que permitan impulsar o ecosistema galego de startups para que Galicia chegue a ser un punto de emprendemento e innovación de talla mundial.
COMPOSFEST
Organización e producción do festival de música Composfest para as festas da Ascensión 2023 de Santiago de Compostela. Promovido polo SD Compostela con motivo do aniversario do equipo.
Aluguer de material
Aluguer de material de ecodeseño en cartón e elementos, materiais e pezas de decoración para eventos.
Premios á Excelencia Empresarial
Coordinación da 1ª Edición dos Premios á Excelencia Empresarial 2022. Axenda Urbana 2030 para o Concello de Santiago.
PROXECIÓNS NA PRAZA DA QUINTANA
Dirección artística e coordinación da 1ª, 2ª e 3ª edición da Mostra de Ilustración Galega en Gran Formato na praza da Quintana coa participación de creadores e creadoras galegas para felicitar o Nadal e o aninovo aos transeúntes da cidade. Turismo de Santiago de Compostela. Nadal 2022, 2021 e 2020.
ILUMINACIÓN EN SAN DOMINGOS DE BONAVAL
Producción da Iluminación artística de gobos e luz de cor na fachada de San Domingos de Bonaval. Nadal 2023, 2022, 2021 e 2020. Proxecto promovido por Turismo de Santiago de Compostela.
Festival de San Xoán en santiago
Organización integral da 1ª , 2ª, 3ª, 4ª e 5ª Edición do Festival de San Xoán. Festas de San Xoán en Santiago de Compostela. 2022, 2019, 2018, 2017, 2016 Santiago Turismo.
TRADFEST FEIRA DE ARTESANÍA
Coordinación e produción da feira de artesanía do Compostela Trad Fest 2023, 2022 e 2021.
Feira Náutica do Freixo
Dirección e produción da 1ª Feira Náutica do Freixo en Outes en 2022. Feira sectorial, bolsa de emprego, mostra de embarcacións tradicionais, travesías marítimas, roteiros divulgativos, gastronomía e música nunha ampla e atractiva programación ao carón da ría!
corais na rúa
Coordinación de actuacións corais na Praza de Cervantes para o Concello de Santiago de Compostela co motivo das festas da Ascensión22.
CEN ANOS DE AGARIMOS
Dirección e coordinación de «Cen anos de agarimos» xunto con Brais Esperante. Acto en honor ao 100 aniversario do grupo Cantigas e Agarimos. Ano 2021.
NAdal sobre rodas
Deseño de proxecto, coordinación e produción da iniciativa Nadal sobre rodas no ano 2015 e no ano 2021. Un autobús inglés recorre as rúas con talleres de cociña e actuacións musicais. Proxecto para o Concello de Santiago de Compostela.
Electrofauna
1ª edición de Electrofauna. Proxecto que mezcla música, visuais e actividades sumerxidas na naturezas, seleccionado na liña de axudas a proxectos de profesionais do sector cultural do Concello de Santiago de Compostela. 2021.
estrea estilo
Creación do proxecto, deseño de imaxe e secretaría técnica de organización e comunicación da xornada de dinamización comercial Estrea Estilo, promovida pola Concellaría de Comercio do Concello de Santiago de Compostela. Conta con edicións en 2012, 2014 e voltou en 2021 coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Pazo de Raxoi e Gadis
EU MERCO AQUÍ
Coordinación da programación musical para a iniciativa #eumercoaquí en Santiago de Compostela en 2021.
ASNOT FEST
Conceptualización e coordinación do espazo infantil do Asnot Fest 2022 e 2021.
Unha rúa de conto
Conceptualización e coordinación do proxecto «Unha Rúa de Conto: O Quebranoces». Ambientación temática da rúa Alfredo Brañas con motivo do Nadal baseada no popular conto-ballet do Quebranoces. Realizado para o Concello de Santiago de Compostela. 2021.
ESCENARIO GALERAS. APÓSTOLO 2020
Dirección de produción da quincena de actividades culturais para público adulto e familiar no espazo do Parque de Galeras durante as Festas do Apóstolo 2020. Concello de Santiago de Compostela.
QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO
Conceptualización, deseño e materialización da campaña de promoción do comercio de Teo QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO para o Concello de Teo no ano 2020.
xornadas musicais TARDINHAS
Ciclo de sesións DJ. 2020. Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra.
deseño de material para TRAGSATEC
Deseño, produción e instalación de materiais: cartelería e vinilos no ano 2020.
Feira do San Martiño
Deseño e produción das actividades da Carpa da Feira de San Martiño. 2019. Concello de Teo.
ATARDESER EN BROÑA
Deseño, actividades e coordinación de produción da iniciativa AtardeSer en Broña. 2019. Concello de Outes.
FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA
Servizos de comunicación para o Festival 17º Ribeira Sacra e os concertos, ciclos musicais e proxectos culturais da empresa i-radia Crea. 2019.
TERRITORIO DAS MULLERES
Programación e organización da iniciativa «Territorio das mulleres» enmarcada dentro das Festas do Apóstolo 2019, 2018, 2017 e 2016 (María Gadú, De Vacas, AldaoLado, Rapariga DJ, Batuka Tabanka, Mounqup, Lúa Mosquetera, DJ Russinha, Papaya etc.). Santiago Turismo e Concello de Santiago.
CREAGAIÁS
Conceptualización do proxecto, deseño e coordinación das dúas edicións de «CREAGAIÁS. Captura a túa creatividade!»: unha iniciativa lúdico-formativa para potenciar o emprendemento e a creatividade así como para darlle visibilidade ás empresas do Centro de Emprendemento Creativo da Cidade da Cultura de Galicia a través de concursos de fotografía, obradoiros, charlas, networking e música en directo. 2019 e 2018. CEM. Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
FEIRA NA EIRA
Organización integral do festival familiar Feira na eira para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
NOITE DE BANDAS GALEGAS
Dirección artística, coordinación e contratacións da Noite de Bandas Galegas na Praza da Quintana para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
PREMIOS DA CULTURA GALEGA
Dirección dos Premios da Cultura Galega 2017 para a Consellería de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria da Xunta de Galicia.
MERCADO DA QUINTANA
Deseño de imaxe, secretaría técnica de organización e comunicación e progrmación cultural do Mercado de Nadal do Mercado da Quintana. Turismo de Santiago. Concello de Santiago de Compostela.
FESTIVAL DA CERVEXA ARTESÁ
Organización da segunda edición da Feira da Cervexa Artesá de Cangas no ano 2016 en colaboración con Cervexa Menduíña.
merchandising TROPA VERDE
Deseño e produción de accións de márketing e merchandising para a iniciativa Tropa Verde.
Merchandising Sogama
Deseño de merchandising.
ACTIVIDADES para o FESTIVAL DO NORTE
Deseño de imaxe, actividades e espazo infantil para o Festival do Norte’ 14.
CONCERTOS COMPOSTELA GASTRONÓMICA
Dinamización musical para Compostela Gastronómica 2014
ACTIVIDADES FAMILIARES FESTIVALÍN
Deseño de contidos sobre sostibilidade e dinamización infantil e familiar na iniciativa familiar Festivalín para a Fundación Barrié e I-radia Crea nas sedes da Fundación Barrié de Vigo (2013) e A Coruña (2014).
feria de artesanía Bee Happy Market
Organización da Bee Happy Market 2013 e 2014, feira de artesanía enmarcada na Feira Apícola das Rías Baixas.
Actividades infantís para a Fundación Autor-SGAE
Actividades creativas infantís no Festival de la Luz de Boimorto no ano 2013.
ACTIVIDADES CULTURAIS DA CIDADE DA CULTURA
Servizo de coordinación e programación das actividades culturais da Cidade da Cultura de Galicia para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. 2015 – 2017 (Atardecer no Gaiás, Cidade Imaxinaria, Escenas do Cambio, Nadal no Gaiás, Unha noite no bosque, Día dos Museos, etc.)
SERVIZOS
Correveydile é unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos, produción audiovisual e dinamización sociocultural. En Correveydile conceptualizamos, deseñamos, coordinamos e executamos proxectos e accións culturais e comunicativas de diversa índole. Ademais, dámoslle ás á imaxinación, brindando a cada cliente e entidade, a creatividade e as ferramentas necesarias para a visibilización eficaz das súas liñas de acción, obxectivos, servizos, actividades, produtos e marcas.
-
xestión cultural
-Programación, asesoramento e consultoría.
-Deseño estratéxico de proxectos a medida.
-Creación, desenvolvemento, xestión e produción de contidos e servizos.
-Deseño e materialización de accións e actividades de dinamización social, cultural, turística, comercial e de apoio á rede local e ás políticas de sostibilidade e igualdade de xénero.
-Deseño de iniciativas para a posta en valor da cultura, o patrimonio, a identidade, os recursos naturais, valores e puntos de interese a destacar dun territorio, marca, produto ou entidades pública ou privada. -
ORGANIZACIÓN E PRODUCIÓN DE EVENTOS
-Deseño, organización e produción integral de programacións, eventos, servizos e proxectos para entidades públicas e privadas.
-Contratación, xestión, organización e execución de espectáculos, concertos, festivais, ciclos, actividades familiares, obradoiros, roteiros, mercados, showcookings, pop-ups, etc.
-Videomapping e proxeccións en gran formato.
-Dirección e rexiduría de actos.
-Dirección artística. -
COMUNICACIÓN CREATIVA, MÁRKETING E PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
-Plans de comunicación e marketing.
-Elaboración de contidos e xestión de redes sociais.
-Creación de marca e fidelización de novos públicos.
-Deseño gráfico e produción de materiais e merchandising.
-Escrita de textos e guións e produción de pezas e contidos audovisuais.